Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40411

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (265/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 265/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Fabiana Cabrera Rodríguez contra Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade nº 265/2015.

Demandante: Patricia Fabiana Cabrera Rodríguez.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandado: Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrado:

Sentenza nº 400/2017.

A Coruña, 12 de xullo de 2017.

Decisión:

Estimo a demanda formulada por Patricia Fabiana Cabrera Rodríguez fronte a Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L., e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 1.640,31 euros polos conceptos expostos.

O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución dentro dos límites legais da súa responsabilidade.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza