Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40413

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (307/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 307/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Paz Pidal contra Valecci, S.C. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 307/2015.

Demandante: José María Paz Pidal

Letrada: Sra. Morelo Bermúdez.

Demandado: Valecci, S.C.

Letrado: Fogasa

Sentenza número 418/2017.

A Coruña, 13 de xullo de 2017

Resolvo.

1. Estimo a demanda formulada por José María Paz Pidal fronte á empresa Valecci, S.C., e, en consecuencia, condeno a esta a pagarlle a suma de 2.603,91 euros brutos en concepto de salarios debidos, así como o xuro derivado do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá de pasar polo resolto sen prexuízo do límite legal á súa responsabilidade.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Valecci, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza