Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (299/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 299/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Begoña Rey Álvarez, Antonio Carmelo Álvarez Justo, Sergio Rey Caridad, Gerardo Marzoa Suárez, María Jesús Iglesias Vázquez, Alfonso Vázquez Rivas, José Rodríguez Lago, Ricardo Rosende Louro, Antonio Cacharrón Mosquera e Antonio Cacharrón Gómez contra Industrias Caamaño, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 299/2015.

Demandante: María Begoña Rey Álvarez, Antonio Carmelo Álvarez Justo, Sergio Rey Caridad, Gerardo Marzoa Suárez, María Jesús Iglesias Vázquez, Alfonso Vázquez Rivas, José Rodríguez Lago, Ricardo Rosende Louro, Antonio Cacharrón Gómez e Antonio Cacharrón Mosquera.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandado: Industrias Caamaño, S.L.

A Coruña, 13 de xullo de 2017

Resolvo:

Estimo a demanda formulada por María Begoña Rey Álvarez, Antonio Carmelo Álvarez Justo, Sergio Rey Caridad, Gerardo Marzoa Suárez, María Jesús Iglesias Vázquez, Alfonso Vázquez Rivas, José Rodríguez Lago, Ricardo Rosende Louro, Antonio Cacharrón Gómez e Antonio Cacharrón Mosquera fronte á empresa Industrias Caamaño, S.L.U., e, en consecuencia, condeno esta a pagar as seguintes cantidades:

A María Begoña Rey Álvarez: 9.969,56 euros.

A Antonio Carmelo Álvarez Justo: 11.801,35 euros.

A Sergio Rey Caridad: 9.391,26 euros.

A Gerardo Marzoa Suárez: 10.936,12 euros.

A María Jesús Iglesias Vázquez: 11.892,82 euros.

A Alfonso Vázquez Rivas: 9.391,26 euros.

A José Rodríguez Lago: 10.936,12 euros.

A Ricardo Rosende Louro: 12.273,68 euros.

A Antonio Cacharrón Gómez: 9.391,26 euros.

A Antonio Cacharrón Mosquera: 11.108,25 euros.

O Fogasa deberá de pasar polo resolto sen prexuízo dos límites legais á súa responsabilidade.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá o seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Caamaño, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza