Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40418

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1066/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1066/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Barreiro Fernández contra Senla Punto, S.L., Fondo de Garantía Salarial e administrador concursal de Senla Punto, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de xullo de 2017.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Ana María Barreiro Fernández contra Senla Punto, S.L., e declaro improcedente o despedimento da demandante, polo que condeno a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, co aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 18,01 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 7.501,16 euros.

Condénase a administración concursal a aterse ao anterior no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito, perante este xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Senla Punto, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza