Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40112

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1762/2017-MCR).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 1762/2017-MCR

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 25/2015 Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

Recorrente: Luciano Nieto Fernández

Avogado: Celestino Barros Pena

Procuradora: Ana María Tejelo Núñez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., Egarsat Matepss nº 276 (antes SAT Mutua)

Avogado: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Susana Corujo Canabal

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1762/2017-MCR desta sala, seguido por instancia de Luciano Nieto Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., Egarsat Matepss nº 276 (antes SAT Mutua) sobre incidentes de execución, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, considerando de oficio o efecto preclusivo de cousa xulgada, debemos declarar e declaramos a existencia de cousa xulgada en relación coa pretensión obxecto desta litis.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co n° 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 ****++).

Así o pronunciamos, mandamos a asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza