Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (871/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 871/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Claudineia Resende Ferreira contra José Pena Mira, El Criollo 1969, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, do 11 de xullo de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 429/2017.

PO. Procedemento ordinario 871/2015

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Claudineia Resende Ferreira

Avogado: Miguel Ángel Vidal Pan

Demandados: José Pena Mira, El Criollo 1969, S.L., Fogasa

Avogado/a: Fogasa

Sentenza.

A Coruña, 11 de xullo de 2017.

Resolvo:

Que, tendo por desistida a parte demandante da súa pretensión contra José Pena Mira, debo estimar e estimo a demanda presentada por Claudineia Resende Ferreira e condeno a empresa El Criollo 1969, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 4.002,11 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 871/2015, seguidos perante este xulgado por instancia de Claudineia Resende Ferreira, asistida do letrado Miguel Ángel Vidal Pan, contra José Pena Mira, El Criollo 1969, S.L. e Fogasa, que non comparecen, dito esta sentenza de conformidade co seguinte.

Para que sirva de notificación en legal forma a José Pena Mira e El Criollo 1969, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza