Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40116

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1262/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1262/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iria Mañana Pardo contra o Fogasa e María Isabel Pérez Castiñeira, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

Sentenza: 437/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 1262/2014

Demandante: Iria Mañana Pardo

Letrado: Sr. Orantes Canales

Demandada: María Isabel Pérez Castiñeira

Letrado: Fogasa

«Sentenza:

A Coruña, 12 de xullo de 2017.

Resolvo:

Estimo a demanda formulada por Iria Mañana Pardo contra María Isabel Pérez Castiñeira e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle á primeira a suma de 7.536,28 euros brutos polos conceptos expostos na declaración de feitos probados desta resolución, así como o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

O Fogasa deberá aceptar o resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito. Pasado este prazo, a sentenza declararase firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a María Isabel Pérez Castiñeira, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza