Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40110

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (807/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 807/2017

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 452/2016 Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente/s: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado/a: letrado da Seguridade Social

Recorrido/s: Castrelos Elaboración, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Mutua a Fraternidade Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Canteras Fernández, S.L., Elaboración Scom, Barreda López e Hijos, S.L., Jesús Paradelo Borrajo, Pimaga, Pizarras Galir, Cupiga, S.A.

Avogado/a: Héctor Pereiras Álvarez, Pablo Espinosa Medina, María José Martínez-Fariza Conde, Wilson Domingo Jones Romero, Octavio Ignacio Arenillas Lara, Héctor Pereiras Álvarez, Natalia Iglesias Ormaechea

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 807/2017 desta sección, seguido por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61 contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Castrelos Elaboración, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Mutua a Fraternidade Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Canteras Fernández, S.L., Elaboración Scom, Barreda López e Hijos, S.L., Jesús Paradelo Borrajo, Pimaga, Pizarras Galir, e Cupiga, S.A., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a sentenza do 29 de novembro de 2016 do Xulgado do Social número 3 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia da Mutua Colaboradora da Seguridade Social Fremap contra os recorrentes, as mutuas colaboradoras da Seguridade Social Universal, a Fraternidade e Galega, Jesús Paradelo Rodríguez, e as entidades mercantís Canteras Fernández, S.L., Elaboración Scom e Castrelos Elaboración, S.L., Pimaga, Barreda López e Hijos, S.L., Pizarras Galir y Cupiga, S.A., a sala confírmaa integramente.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo "observacións ou concepto da transferencia" os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en legal forma a Cupiga, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza