Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (234/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 234/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ouhni Ouhni L Houceine contra Semcor 3000, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Inpack Hispania, S.L., administración concursal de Semcor 3000, S.L. e Maxfit-Representaçoes Limitada sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Tense por desistido a Ouhni Ouhni L Houceine da demanda formulada fronte ás entidades Inpack Hispania, S.L. e Maxfit-Representaçoes Limitada.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Ouhni Ouhni L Houceine, contra a entidade Semcor 3000, S.L. e administración concursal de Semcor 3000, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral con data do 24 de abril de 2017, en virtude de despedimento por causas obxectivas, condenando a entidade Semcor 3000, S.L., e a súa administración concursal de Semcor 3000, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 20.267,12 euros coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Semcor 3000 S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza