Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39958

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (522/2014).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 522/2014 por instancia de Fernando Ramos Valiño contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 11 de xullo de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Fernando Ramos Valiño contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

Condénase a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. a aboarlle a Fernando Ramos Valiño a cantidade de sete mil cincocentos noventa e seis euros con sesenta e cinco céntimos de euro (7.596,65 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xullo de 2017

O secretario xudicial