Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDITO (531/2016).

Eu, Branca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 531/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eusebio González González contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Ombuds Servicios, S.L., Easy Sea East, S.L., Proman Servicios Generales, S.L. e José María Carrio Montiel, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido.

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Eusebio González González, fronte ás empresas Easy Sea East, S.L, Proman Servicios Generales, S.L. e Ombuds Servicios, S.L., e condeno ás mercantís Easy Sea East, S.L. e Proman Servicios Generales, S.L. a que aboen conxunta e solidariamente oa demandante a seguinte cantidade: 2.064,41 euros, e en todo caso, máis o 10 % de xuro por demora ao tratarse de cantidades salariais.

Absolvo a Ombuds Servicios, S.L da pretensión deducida fronte a ela.

Coa intervención do Fogasa e do administrador concursal de Easy Sea East, S.L.

Contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Easy Sea East, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza