Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39962

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (78/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 78/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María del Rocío Gómez Rodríguez contra a empresa García Gerpe, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decisión:

Que estimo a demanda interposta por Mª Rocío Gómez Rodríguez, fronte á empresa García Gerpe, S.L., declaro improcedente o despedimento da traballadora demandante, e así mesmo, declaro extinguida a relación contractual entre a traballadora e a empresa demandada referida, condenando a esta a que aboe á demandante a seguinte cantidade en concepto de indemnización: 13.527,82 euros salvo erro aritmético.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co numero 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, se ben pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, pronuncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a García Gerpe, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza