Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38404

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (291/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 291/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Expósito Arias contra a empresa Eximfood Noroeste, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Refuerzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 291/2015

Demandante: José Luis Expósito Arias

Letrado: Sra. Tato Fouz

Demandado: Eximfood Noroeste, S.L.

Sentenza 404/2017.

A Coruña, 12 de xullo de 2017.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por José Luis Expósito Arias contra Eximfood Noroeste, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle ao primeiro a suma de 11.533,81 euros, así como o xuro de demora do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución dentro dos límites legais da súa responsabilidade.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eximfood Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza