Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38406

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (269/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 269/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Sánchez Vilariño contra a empresa Pezetace, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 269/2015.

Demandante: Francisco Sánchez Vilariño.

Letrado: Sra. Gómez Lozano.

Demandada: Pezetace, S.L.

«Sentenza 401/2017.

A Coruña, 12 de xullo de 2017.

Resolución.

1º. Estimo a demanda formulada por Francisco Sánchez Vilariño contra Pezetace, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle ao primeiro a suma de 112.702,31 euros polos conceptos expostos.

2º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución dentro dos límites legais da súa responsabilidade.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pezetace, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza