Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38408

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 268/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 268/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julia Luengo Edrosa contra a empresa Armental Hostelería, S.L.U. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 268/2015.

Demandante: Julia Luengo Edrosa.

Letrado: Sra. Vázquez Sánchez.

Demandado: Armental Hostelería, S.L.U.

Sentenza 402/2017.

A Coruña, 12 de xullo de 2017.

Resolución:

1º. Estimo a demanda formulada por Julia Luengo Edrosa contra Armental Hostelería, S.L.U. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle á primeira a suma de 1.487,76 euros, así como o xuro de demora do artigo 29.2 do ET.

2º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución dentro dos límites legais da súa responsabilidade.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada-xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Armental Hostelería, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza