Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (265/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 265/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Fabiana Cabrera Rodríguez contra a empresa Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 265/2015.

Demandante: Patricia Fabiana Cabrera Rodríguez.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandado: Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L.

Letrado:

Sentenza 400/2017.

A Coruña, 12 de xullo de 2017.

Resolución:

Estimo a demanda formulada por Patricia Fabiana Cabrera Rodríguez contra Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle á primeira a suma de 1.640,31 euros polos conceptos expostos.

O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución dentro dos límites legais da súa responsabilidade.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado-xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza