Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1044/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1044/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Quiroga Ortiz contra Josberlimp, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva din o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 3 de xullo de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 1044/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de María Isabel Quiroga Ortiz, representada pola letrada Carmen Prego Candal, contra Josberlimp, S.L., que non comparece e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes [...],

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Isabel Quiroga Ortiz e condeno a empresa Josberlimp, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 5.768,04 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que ficará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Joseberlimp, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza