Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 1044/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1044/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel García Vázquez contra Blanco y Suárez 2015, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de xuño de 2017

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Isabel García Vázquez contra Blanco y Suárez 2015, S.L. e declaro improcedente o despedimento da demandante condenando a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, ata a notificación desta resolución, que ascenden a 44,44 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.077,57 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que ficará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Blanco y Suárez 2015, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza