Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38147

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (XVA 126/2017).

Xuízo verbal alimentos 38/2017

Sobre outras materias

Demandante: Lorena Sánchez Rodríguez

Procurador: Juan Carlos Álvarez Vázquez

Avogado: Francisco Álvarez Fernández

Demandado: José Manuel Sánchez Sánchez

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Lorena Sánchez Rodríguez fronte a José Manuel Sánchez Sánchez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 126/2017.

Vigo, 29 de xuño de 2017.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 38/2017 se seguen por instancia de Lorena Sánchez Rodríguez, representada polo procurador Juan Carlos Álvarez Vázquez e dirixida polo letrado Francisco Álvarez Fernández, contra José Manuel Sánchez Sánchez, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha acción de reclamación de alimentos.

Resolución.

Estimo totalmente a demanda formulada por Lorena Sánchez Rodríguez contra José Manuel Sánchez Sánchez, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. José Manuel Sánchez Sánchez aboará, en concepto de pensión alimenticia a prol da súa filla Lorena Sánchez Rodríguez a cantidade de 150 euros mensuais, nun total de doce mensualidades cada ano, a aboar por meses anticipados nos primeiros cinco días de cada mes. O importe sería revisable anualmente consonte o IPC que publica o INE ou, se é o caso, organismo que o substitúa, con efectos do 1 de xaneiro de cada ano. A devandita pensión deberá ser aboada desde a data en que foi formulada a demanda que deu orixe ás presentes actuacións.

2º. Condeno a parte demandada a aboar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentencia ás partes, ás cales se lle fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado, José Manuel Sánchez Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 6 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza