Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38146

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (152/2017).

Eu, María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que na peza civil número 152/2017, dimanante da execución hipotecaria número 140/2015, procedente do Xulgado de Primera Instancia número 3 de Pontevedra, recaeu auto, do teor literal seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer e Francisco Javier Valdés Garrido.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra integrada polos maxistrados anteriormente expresados, ditou en nome do rei o seguinte auto número 176.

Pontevedra, 15 de maio de 2017.

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

A Sala acorda:

Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Giménez Campos, en nome da entidade Santander Consumer Finance, S.A., contra o auto ditado en data 29 de decembro de 2015 polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, que se confirma na súa integridade.

Todo iso sen facer expresa condena en custas.

Así o acorda a Sala e pronúnciano, mandan e asinan os maxistrados expresados á marxe. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a María del Mar Pavón Aznar, estendo e asino o presente edicto.

Pontevedra, 3 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza