Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38149

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (736/2015).

Eu, Rafael Gónzalez Alió, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social núm. 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número PO 736/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Barciela Sanmartiño contra Decoración y Reformas Lucenses, S.L.U., sobre cantidade, ditouse sentenza cuxo fallo é o seguinte:

«Estimo integramente a demanda presentada por Fernando Barciela Sanmartiño, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Decoración y Reformas Lucenses, S.L.U., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 5.444,20 euros, cantidade que percibirá xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación a resolver pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá acompañarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0736-15, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente-causa súa, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0736-15, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado Social número 1 de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma a Decoración y Reformas Lucenses, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de xullo de 2017

O letrado da Administración de xustiza