Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38151

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (992/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 992/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Claro Miraz contra Vendahorta Productos Galegos, S.L., Fogasa sobre despedimento, ditouse auto de aclaración do 20 de xuño de 2017 cuxa parte dispositiva é do seguinte tenor literal:

«Parte dispositiva.

1. Ten lugar ao complemento da sentenza no seguinte sentido:

– Na declaración de feitos probados, ha de engadirse un novo que recolla que «O demandante desde o momento mesmo de incorporarse á empresa realizou tarefas propias da dirección comercial determinando e segmentando posibles clientes, promovendo accións para a súa captación, visitándoos, etc. Coa sinatura do contrato de traballo do 1 de xullo de 2015 a empresa de forma unilateral redúcelle a retribución de acordo coas funcións que viña realizando de dirección comercial.

A consecuencia do anterior, xeráronse unhas diferenzas salariais a favor do demandante; a empresa debe o traballador a suma de 7.803,97 euros de conformidade coa desagregación recollida no feito cuarto da demanda que se dá aquí por reproducido.

– Artigo 91.2 e 94.2 da LRXS».

– Nos fundamentos de dereito, ao final, ha de incorporarse un novo co número III que diga o seguinte:

«Non compareceu a empresa para contradicir as funcións que o demandante di que viña realizando desde o inicio da relación laboral como director comercial. Considérase acreditado que isto era así –doc e artigo 91.2 da LRXS e 94.2 do devandito texto legal– polo que se xeraron as diferenzas salariais que se analizan no feito cuarto de demanda; en consecuencia, a empresa débelle ao demandante a suma aí recollida de 7.803,97 euros, polo que estimando a acción acumulada de reclamación de cantidade ha de condenarse á empresa a pagar esa cantidade ao demandante».

– En consonancia co anterior, no fallo, ha de engadirse un número 3 que diga: «Estímase a acción de reclamación acumulada exercitada polo demandante fronte á empresa demandada e, en consecuencia, condénase esta a aboar ao primeiro a suma de 7.803,97 euros en concepto de diferenzas salariais cos xuros do artigo 29.3 do ET»; pasando o número 3 do fallo a constituír o nº 4.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Doy fe.

O maxistrado xuíz. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vendahorta Productos Galegos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza