Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38153

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 836/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número de 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 836/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Correa Astray contra Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Auto.

A Coruña, 21 de xuño de 2017.

Parte dispositiva.

Estímase a solicitude de rectificación debendo modificarse os feitos probados e fundamentos de dereito conforme o exposto e o fallo da sentenza onde di: «Así mesmo, condénase a empresa a aboar ao traballador a cantidade de 1.730,72 euros», debe dicir: «Así mesmo, condénase a empresa a aboar ao traballador a cantidade de 2.826,48 euros».

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Patricia López Arranz, maxistrada do Xulgado do Social de reforzo da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza