Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38154

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (500/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 500/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julen Arenaza Zabala contra Alimenta de Túnidos, S.L.U., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Demandante: Julen Arenaza Zabala.

Avogado: Pedro Manuel Pedreira Candal.

Demandados: Alimenta de Túnidos, S.L.U., Fogasa.

Avogados: (…), Fogasa.

«Sentenza:

A Coruña, 5 de xullo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 500/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Julen Arenaza Zabala, representado polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra Alimenta de Túnidos, S.L.U., que non comparece, e contra Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión.

Que debo estimar e admito a demanda presentada por Julen Arenaza Zabala e condeno a empresa Alimenta de Túnidos, S.L.U. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 15.062,73 euros máis o 10 % de xuros moratorio.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Alimenta de Túnidos, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza