Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36389

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

NOTIFICACIÓN de sentenza DCT (60/2017).

DCT divorcio contencioso 60/2017

Procedemento orixe: /

Sobre divorcio contencioso

Demandante: María Dolores Casal Leira

Procuradora: María Luisa Sánchez Presedo

Avogada: Salomé Monteagudo López

Demandado: Alfredo Enrique Pacheco Vargas

Sentenza.

Betanzos, 4 de xullo de 2017.

Vistos por Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, os presentes autos de xuízo de divorcio, seguidos co número 60/2017, por instancia de María Dolores Casal Leira, maior de idade, representada pola procuradora Sra. Sánchez Presedo e baixo a dirección letrada da Sra. Monteagudo López, contra Alfredo Enrique Pacheco Vargas, maior de idade, o cal non compareceu malia a súa citación en legal forma.

Ditouse a presente resolución en nome do rei.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A procuradora Sra. Sánchez Presedo, na representación xa indicada, presentou demanda de divorcio matrimonial contra Alfredo Enrique Pacheco Vargas, a cal foi alternada ante este xulgado en data 7 de febreiro de 2017, e alegando no seu escrito os feitos e os fundamentos de dereito que estimou convenientes e aplicables ao caso, finalizando co suplico de que se ditase sentenza pola que se acordara o divorcio do devandito matrimonio, por concorrer a causa prevista no artigo 86 do Código civil.

Segundo. Tívose por parte á citada procuradora, na representación que acreditaba, con quen se entenderían as sucesivas dilixencias no modo e xeito que a lei prevén, admitíndose a trámite a demanda formulada, que se tramitaría polos trámites do xuízo verbal coas especialidades previstas no artigo 753 da LAC, tras o cal deuse traslado da citada demanda á parte demandada para que a contestase no prazo de 20 días, despois de ser declarado en situación procesual de rebeldía o demandado ao non ter contestado a esta.

Terceiro. Ao acto da vista compareceu a demandante, ratificándose no seu escrito de demanda, practicándose as probas propostas e admitidas co resultado que obra nas actuacións, quedando o procedemento visto para sentenza.

O demandado foi declarado en situación de rebeldía procesual conforme o previsto no artigo 442.2 da LAC, ao non ter comparecido ao acto da vista.

Cuarto. Na tramitación do presente procedemento observáronse as prescricións legais, incluído o prazo para ditar sentenza.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. María Dolores Casal Leira e Alfredo Enrique Pacheco Vargas casáronse en Caracas (Venezuela) o día 14 de decembro de 2007 (certificación do matrimonio que obra en autos como documento nº 1 da demanda), de cuxo matrimonio non naceron fillos.

O artigo 85 do Código civil dispón que o matrimonio se disolve por divorcio, seguidamente o artigo 86 do mesmo texto legal, redactado conforme a modificación introducida pola Lei 15/2005, sinala que: «decretarase xudicialmente o divorcio a petición dun dos cónxuxes, se concorren os requisitos e circunstancias do artigo 81 do CC», precepto que exixe que teñan trascurrido tres meses desde a celebración do matrimonio; requisito que si concorre, pois os cónxuxes se casaron no ano 2007.

Segundo. Á vista do desenvolvido no presente procedemento, o que quedou claro é a vontade de ambos os dous cónxuxes de divorciarse polo continuado cesamento da convivencia conxugal, independentemente da quen puidese reprocharse culpa de tal consecuencia. Isto é que está acreditado a quebra de toda convivencia conxugal por unha profunda desafección entre os esposos que exteriorizan a súa vontade de non continuar unidos. Desta forma, do examinado constátase un estado de tensión, desafección e profunda discordia entre os esposos que deu lugar á quebra da convivencia matrimonial cunha vulneración dos deberes conxugais de respecto, axuda e socorro mutuos que impoñen os artigos 67 e 68 do Código civil, o cal constitúe base legal bastante para acordar a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Dolores Casal Leira e Alfredo Enrique Pacheco Vargas.

Por todo iso procede acordar o divorcio interesado pola parte demandante e ao que non se opuxo a parte demandada.

Terceiro. Un dos pedimentos é o referente á atribución do uso e desfrute da vivenda conxugal sita na localidade de Sada, que é de exclusiva propiedade da demandante, e requírase o demandado que abandone o devandito domicilio.

O artigo 96 do Código civil establece como criterio de atribución do uso da vivenda familiar, no caso de falta de acordo e inexistencia de fillos menores, o interese máis necesitado de protección e as circunstancias concorrentes. Sobre a base diso, cabe sinalar que o interese máis necesitado de protección é o da demandante, posto que é ela a propietaria con carácter privativo desta (doc. nº 2 da demanda relativo á escritura de compravenda do inmoble, certificado de defunción e testamento dos seus pais ao seu favor do devandito inmoble).

Sen comparecer o demandado para opoñerse a iso, procede atribuír o uso e desfrute da vivenda conxugal sita na localidade de Sada (A Coruña) á demandante, a Sra. Casal Leira.

Cuarto. Non cabe facer especial pronunciamento sobre as custas procesuais, a teor da causa do procedemento.

Fallo:

Que debo estimar e admito integramente a demanda formulada por María Dolores Casal Leira, fronte a Alfredo Enrique Pacheco Vargas, declarando disolto o matrimonio existente entre as partes por divorcio, con todos os pronunciamentos a iso inherentes coa adopción das medidas seguintes:

1. A atribución do uso e desfrute da vivenda conxugal sita na localidade de Sada, que é da súa exclusiva propiedade á demandante e requírese o demandado co fin de que abandone o devandito domicilio.

2. Non facer especial pronunciamento en materia de custas.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño desta ao encargado do Rexistro Civil competente.

Notifíquese a presente ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, sendo necesario que para iso se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo mando e asino, Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Betanzos e os do seu partido xudicial.

Publicación. No mesmo día da súa data a anterior sentenza foi lida e publicada pola mesma xuíza que a ditou estando a celebrar audiencia pública. Dou fe.