Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36393

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (2/2015).

Xuízo verbal (JVB) 2/2015

Sobre: outros verbal

Demandante: Comunidade de Propietarios Edificio Mahía 11, Padrón

Procurador: María Soledad Sánchez Silva

Abogado: María Luisa Arosa Barbeira

Demandado: herdanza xacente de Manuel Blanco López, herdanza xacente de Josefa Bermejo Navarro

Eu, Mónica Piñera Magdalena, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que ditou sentenza en data 23 de febreiro de 2017 Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución númeor 1 de Padrón, nos autos de xuízo verbal 2/2015, promovidos pola Comunidade de Propietarios Edificio Mahía número 11 de Padrón, representada pola procuradora dos tribunais María Soledad Sánchez Silva e asistida pola letrada María Luisa Arosa Barbeira contra a herdanza xacente de Manuel Blanco López e herdanza xacente de Josefa Bermejo Navarro, en situación de rebeldía procesual.

Contra a dita resolución cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, por medio do presente notifícase a herdanza xacente de Manuel Blanco López e herdanza xacente de Josefa Bermejo Navarro, en paradoiro descoñecido, e a quen así mesmo se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 23 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza