Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (278/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 278/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Walter Yáñez Figueredo contra a empresa Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L., con intervención procesual do Fogasa, sobre salarios, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentencia.

A Coruña, 5 de xullo de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 278/2015 sendo parte neste, dun lado como demandante Walter Yáñez Figueredo, asistido polo letrado Julio Martínez Manteiga, e como demandado Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentencia:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Walter Yáñez Figueredo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.536,98 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na «conta de depósitos e consignacións» que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Fundiciones y Forjas de La Coruña S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza