Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36381

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO RSU (969/2017-BPB).

Recorrente: Vicente Prieto García

Avogado: Jaime Bouza Bouzamayor

Procurador: Alejandro Reyes Paz

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Herbrey, S.L.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 969/2017-BPB desta sección, seguido por instancia de Vicente Prieto García contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Herbrey, S.L., sobre accidente de grao, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Fallamos:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto polo demandado Vicente Prieto Barcia, debemos revogar e revogamos a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 2 desta capital, e con estimación parcial da demanda de revisión de grao interposta por Mutua Galega, declaramos que o referido demandado se encontra en situación de incapacidade permanente parcial para a súa profesión habitual, derivada de accidente de traballo. En consecuencia, condenamos á empresa demandada Herbrey, S.L., a estar e pasar por tal declaración, e á Mutua Galega, a que lle aboe unha indemnización a prezo fixado na contía de 24 mensualidades da base reguladora que regulamentariamente lle corresponda. Así mesmo, condenamos na medida das súas responsabilidades legais, aos tamén demandados Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social como subrogados nos extintos Fondo de Garantía e Servizo de Reaseguro. E desestimamos a demanda no restante pedido.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Herbrey, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza