Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36383

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (233/2014).

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 233/2014 seguido por instancia de María Begoña Gómez Bouzas fronte a José Fraga Fraga e Filomena Fraga Fraga ditouse auto, cuxo tenor literal na súa parte dispositiva é o seguinte:

«Acordo que procede rectificar a sentenza número 34/2015 do 17 de marzo de 2015 ditada nos presentes autos de modo que no fundamento dereito segundo parágrafo cuarto e no fallo da sentenza onde di folio 291 debe dicir folio 235.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa indicación de que contra esta non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos procedentes contra a resolución rectificada e que xa foron indicados ao notificarse esta, levando o orixinal ao libro de sentenzas e deixando testemuño nos autos».

E encontrándose dito demandado, José Fraga Fraga, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

O letrado da Administración de xustiza