Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36384

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Arzúa

EDICTO (527/2010).

Alfredo Berini Couceiro, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Arzúa (A Coruña), anuncia no presente procedemento ordinario 527/2010 deste xulgado, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e fallo son do seguinte tenor literal:

«Sentenza: 120/2015.

Arzúa, 23 de outubro de 2015.

Vistos, en audiencia pública, por min, María Isabel Suárez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Arzúa e do seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario rexistrados co número indicado, sobre acción de reclamación de cantidade, no que foron partes como demandante Manuel Bouzas Pereiras e CIA, S.L., representada polo procurador Sr. Paz Montero e asistida polo letrado Sr. Pensado Vázquez, substituído pola súa compañeira Sra. Santana Martínez, contra Julián Simón Piña, José Luís Moreno Castellano e a entidade Estuchería Central, S.L., en rebeldía procesual, recae a presente con base nos seguintes.

(Seguen antecedentes de feito feitos probados e fundamentos xurídicos).

Fallo.

Estimar integramente a demanda presenta polo procurador Sr. Paz Montero, no nome e representación de Manuel Bouzas Pereiras e CIA, S.L., contra Julián Simón Piña, José Luís Moreno Castellano e a entidade Estuchería Central, S.L., en rebeldía procesual, en consecuencia debo condenar e condeno aos demandados de forma solidaria ao pagamento do importe de cincuenta e tres mil duascentas sesenta e nove euros con doce céntimos (53.269,12 €) máis os xuros legais, coa imposición das custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, instruíndolles do seu dereito a formular contra ela recurso de apelación, no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para resolver ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso que haberá de presentarse como indican os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais, levándose o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose os demandados Estuchería Central, S.L. e Julián Simón Piña en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Arzúa, 18 de maio de 2017

O letrado da Administación de xustiza