Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36379

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 26 de xullo de 2017 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de maio de 2015.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Orde do 19 de xullo de 2017 (DOG núm. 139, do 21 de xullo), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo

Núm

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Cons

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

46901012X

Carro Espada, Raquel

FCC060000115770008

FC

Xefatura de Sección

A1

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

S.X. Xestión do Feder e FCI

Santiago de Compostela

2

44089568V

Coego Montoto, Paula

FCA291000032001130

FC

Xefatura Unidade de Inspección

A1

26

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación de Ourense

Ourense