Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35171

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (DCT 605/2016).

Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María de la Luz Angulo Sánchez fronte a Bernardo Moncada Ramírez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e fallo son do tenor literal seguinte:

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número cinco de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co nº 605/2016, no que é parte demandante, María de la Luz Angulo Sánchez, representada polo procurador Antonio Fernández García e asistida do letrado Francisco Javier Guitian Pavón, e como parte demandada Bernardo Moncada Ramírez, declarado en rebeldía procesual.

Fallo admito a demanda presentada polo procurador Antonio Fernández García en nome e representación de María de la Luz Angulo Sánchez, contra Bernardo Moncada Ramírez, en rebeldía procesual e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 15 de xaneiro de 2010, que foi inscrito no tomo 44, páxina 333, da sección 2ª, do Rexistro Civil de Granadilla de Abona, con todos os efectos legais que a devandita declaración leva consigo. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Asine esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Granadilla de Abona.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte de que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Bernardo Moncada Ramírez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 28 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza