Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35169

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (DCT 387/2016).

Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente, anuncio:

No presente procedemento DCT-387-16 seguido por instancia de Isabel Altagracia Lugo Severino fronte a Juan Francisco Tavarez de la Rosa ditouse sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

Sentenza nº 204/2017.

En Pontevedra a vinte e tres de maio de 2017.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co nº 387/2016, no que é parte demandante, Isabel Altagracia Lugo Severino, representada pola procuradora Rocío Cochón Castro e asistida da letrada Idoya Durán Pouseu, e como parte demandada Juan Francisco Tavarez de la Rosa, declarado en rebeldía procesual.

Fallo admito a demanda presentada pola procuradora Rocío Cochón Castro en nome e representación de Isabel Altagracia Lugo Severino, contra Juan Francisco Tavarez de la Rosa, en rebeldía procesual e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 22 de xullo de 2006, que foi inscrito no tomo 117, páxina 355, da sección 2ª, do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que a devandita declaración leva consigo. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Asine esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Pontevedra.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte de que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Juan Francisco Tavarez de la Rosa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 30 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza