Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35173

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (DCT 172/2016-E).

Procedemento de orixe:

Sobre divorcio contencioso

Demandante: José Luis Tenorio Miranda

Procurador: José Antonio Gónzalez García

Avogada: María Teresa Pazos Currás

Demandada: Justine Mary Jury

José Luis Campos Ramos secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, polo presente,

Sentenza:

Adriano J. Alfonso Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Cangas, e o seu partido, viu os presentes autos seguidos neste xulgado baixo número 172/2016 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante José Luis Tenorio Miranda, representado polo procurador dos tribunais Sr. Gónzalez e con asistencia letrada da Sra. Pazos Currás, contra Justine Mary Jury (rebelde), con base nos seguintes:

Fallo:

Que debo declarar e declaro a disolución do matrimonio por divorcio formado por José Luis Tenorio Miranda e Justine Mary Juri celebrado o día 20 de setembro de 2008 sen facer pronunciamento en custas.

Notifíquese a presente sentenza ás partes facéndolles saber que non é firme e fronte a esta procede interpoñer recurso de apelación (artigo 455 e seguintes da LAC).

Asine a presente resolución e remítase ao Rexistro Civil competente para os efectos oportunos.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de resolucións. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E encontrándose a devandita demandada, Justine Mary Jury, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Cangas, 20 de xuño de 2017