Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 34998

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (SCT 635/2016).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que no presente procedemento de divorcio, seguido por instancia de Melouka Saidi Eps Bouziani contra Aziz Bouziani, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución.

Acordo a separación do matrimonio formado por Melouka Saidi e Aziz Bouziani e decreto os efectos reguladores seguintes:

1. Quedan revogados os consentimentos e poderes outorgados entre os cónxuxes.

2. A disolución da sociedade de gananciais.

3. Atribúeselle a garda e custodia do fillo menor M.B.B., nacido o 19.3.2009, á nai.

4. Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

5. Atribúeselles o uso e desfrute da vivenda familiar sita na rúa Marcelo Macías, nº 60, 2º D de Ourense, así como o enxoval doméstico, ao fillo e á nai baixo cuxa custodia queda, que deberá asumir os gastos de consumo que xere.

6. Suspéndese o réxime de visitas.

7. En concepto de alimentos a favor do fillo menor, establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta de La Caixa ES06 2100 4832 3621 0023 0510, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios necesarios (os gastos sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social, clases de apoio…) respecto dos que non será necesario o consentimento previo, e non necesarios, respecto dos cales deberá existir consenso previo entre as partes e, de non o haber, deberán ser asumidos por quen os decidise.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Unha vez firme a presente resolución, comuníquese para a súa inscrición marxinal aos rexistros civís onde constan inscritos o matrimonio cuxa separación se acorda e os nacementos dos seus fillos.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal indicando que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado no prazo dos 20 días seguintes ao da notificación da presente resolución.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e déixese testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

E ao estar o dito demandado, Aziz Bouziani, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 21 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza