Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (706/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 706/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Rabina González contra Anseris Hostelería, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Mónica Rabina González contra a entidade Anseris Hostelería, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Anseris Hostelería, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 1.865,19 € brutos por salarios, diferenzas salariais, pagas extras e compensación económica por vacacións non desfrutadas, así como horas extras devindicadas entre o 24.3.2016 e o 19.5.2016, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncia, manda e asina a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Anseris Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza