Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 34996

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (322/2016).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que no presente procedemento de divorcio seguido por instancia de Helena Do Socorro Silva Costa contra Antonio Miguel Moreira Coelho, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Helena Do Socorro Silva Costa e Antonio Miguel Moreira Coelho, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución. Acórdanse como medidas definitivas:

a) Atribúeselle a garda e a custodia do menor M. A. á nai.

b) Suspéndese o réxime de visitas que Antonio Miguel Moreira Coelho puidese ter co seu fillo.

c) En concepto de alimentos a favor do seu fillo, establécese a obrigación do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 300 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa con data 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios. Será necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, para o cal se deberá constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil Central, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Antonio Miguel Moreira Coelho, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 21 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza