Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (957/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 957/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel López Valiño contra Segur Euskal Security, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 19 de xuño de 2017 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 957/2015, en que son parte, como demandante, Manuel López Valiño, asistido pola letrada Sra. Liste López, e, como demandado, Segur Euskal Security, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, como tampouco o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Manuel López Valiño contra Segur Euskal Security, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.973,68 euros. Destes, a cantidade de 1.931,05 euros devindicará ao 10 % de xuro por mora. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa. Condénase a demandada ao aboamento dos honorarios da asistencia letrada da parte demandante dentro do límite legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Segur Euskal Security, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza