Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (758/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 758/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina González Santos contra Delfina Pensado Boo e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 19 de xuño de 2017, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sandra María Igrexas Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 758/2015, sendo parte neste, como demandante, Cristina González Santos, asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves, e, como demandada, Delfina Pensado Boo, que non comparece, a pesar da súa citación en legal forma, do mesmo xeito que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Decido:

Estímase a demanda interposta por Cristina González Santos fronte a Delfina Pensado Boo e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 13.935,90 euros, incrementados no 10 % de xuro por demora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou causa habente seu ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, consignar como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso consignar na Conta de Depósitos e Consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Igrexas Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Delfina Pensado Boo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza