Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33714

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (170/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Marcos Colera Martínez contra People Galicia, E.T.T., en procedemento ordinario rexistrado co número 170/2016, se acordou citar a demandada People Galicia, E.T.T., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa; polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 24 de outubro de 2017, ás 11.25 e ás 11.30 horas, respectivamente, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que se atopan á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a People Galicia, E.T.T., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza