Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 167/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 167/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Muíño Turnes contra Inaltel, S.A. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Daniel Muíño Turnes solicitou a execución da Sentenza 199/2017, do 25 de abril, ditada no procedemento ordinario 537/2014 fronte a Inaltel, S.A. e o Fogasa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 CE e artigo 2 LOPX).

O artigo 237.2 LXS establece que a execución de sentenzas firmes será levada a cabo polo órgano xudicial que tiver coñecido do asunto en instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e, unha vez iniciada esta, tramitarase de oficio ditándose para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 LXS).

Terceiro. Despois de transcorrer o termo establecido no artigo 279 LXS 138.8 LXS, sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión do/s traballador/es no prazo e condicións legalmente previsto, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 LXS, despachar execución do resolto en sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Daniel Muíño Turnes fronte a Inaltel, S.A. e o Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíz/a. O/a letrado da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017.

Despois de presentar o traballador Daniel Muíño Turnes, exixindo o cumprimento polo empresario Inaltel, S.A. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 12 de setembro de 2017, ás 13.45 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o/os traballador/es ou persoa que o/os represente/s teranse por desistido/s na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos, por encontrarse en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inaltel, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza