Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33162

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 1076/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1076/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Teresa Cendal Álvarez contra a empresa Senla Punto, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza resolutoria das actuacións, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de xuño de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1076/2016, sendo parte neste, dun lado como demandante, María Teresa Cendal Álvarez, representada polo letrado Sergio Campos Nieto, e como demandado Senla Punto, S.L. que non comparece malia estar citada en legal forma e coa intervención de Fogasa, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Fallo.

Que, estimando a demanda interposta por María Teresa Cendal Álvarez contra a empresa Senla Punto, S.L. e Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante, e condeno a demandada Senla Punto, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 4.654,26 euros. No caso de que opte pola readmisión, a traballadora terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 34,54 euros/día, con absolución do Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria desta entidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Senla Punto, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza