Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33164

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 22/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alberto Muñiz Rodríguez contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Acordo:

a) Declarar a executada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. en situación de insolvencia por importe de 2.993,33 euros, que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) É firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza