Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33160

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas

EDICTO (143/2016).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. Fandiño Carnero, en nome e representación de Raúl Otero Fernández, contra María Hortensia Rego Meque (en situación procesual de rebeldía), debo declaro e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por ambos (celebrado o día 24 de novembro de 2006 e inscrito no Rexistro Civil de Vigo no tomo 62, páxina 77, da Sección Segunda), con todos os efectos legais, e acordo como medidas definitivas que deben rexer este:

– Atribuírlle a Raúl Otero Fernández o uso e desfrute do domicilio conxugal sito na rúa Rosalía de Castro, nº 99-3º H de Salvaterra de Miño, xunto cos mobles e enxoval existentes nel.

Non se fai pronunciamento sobre as custas causadas.

De conformidade co previsto no artigo 95 do Código civil, a sentenza -unha vez que se sexa firme- producirá, respecto dos bens do matrimonio, a disolución do réxime económico matrimonial.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil de Vigo no cal consta inscrito o matrimonio, para os efectos legais oportunos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpor por escrito neste xulgado un recurso de apelación no prazo de vinte (20) días a partir da súa notificación, do cal coñecerá a Audiencia Provincial. A admisión do dito recurso exixirá que se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado, o cal deberá ser acreditado de forma fidedigna, sen cuxo requisito non se admitirá o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de María Hortensia Rego Meque, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ponteareas, 8 de xuño de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza