Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32559

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 592/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 592/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcial Dasilva Estévez contra Isla Vionta, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, sobre seguridade social, foi ditada Sentenza do 27 de maio de 2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos por Sonia Maria Cartamil Obelleiro, xuíz substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 506/2014, seguidos por instancia de Marcial Dasilva Estévez, asistido pola graduada social Matilde Mallo Nieves, contra o Instituto Social da Mariña, e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos asistidos pola letrada María José Goyanes Viviani, contra a Mutua Fremap, asistida do letrado Guillermo Amigo Estrada, contra o Servizo Público de Emprego Estatal, asistido do letrado Gumersindo Rubio Rubio e contra a entidade Isla Vionta, S.L, en rebeldía procesual, versando a litis sobre base reguladora de prestación de incapacidade temporal e desemprego.

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Marcial Dasilva Estévez, asistido pola graduada social Matilde Mallo Nieves, contra o Instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos asistidos pola letrada María José Goyanes Viviani, contra a Mutua Fremap, asistida do letrado Guillermo Amigo Estrada, contra o Servizo Público de Emprego Estatal, asistido do letrado Gumersindo Rubio Rubio e contra a entidade Isla Vionta, S.L., en rebeldía procesual, e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións exercidas contra elas.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o que debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Isla Vionta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza