Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (310/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social numero 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido a instancia de María Isabel Ramos Benito contra Ana Bello García, Begoña Barreiro Blanco, Pilar Leborán, Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en reclamación por tutela de dereitos fundamentais, rexistrado co número dereitos fundamentais 310/2017 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Begoña Barreiro Blanco, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 5 de xullo de 2017 ás 12.10 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Begoña Barreiro Blanco expídese o presente edicto para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza