Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32561

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 48/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 48/2017

Procedemento orixe: procedemento ordinario 864/2012

Sobre ordinario

Demandante: María Pilar Míguez Camino

Avogado: Manuel López Núñez

Demandados: Asaja Galicia, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Aproca, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Selvicultores de Galicia, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia-Afrifoga

Avogada: Laura Otero Rodríguez

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 48/2017, por instancia de Mª Pilar Míguez Camino, contra a executada Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores de Galicia (Asaja), Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, sobre reclamación de cantidade, foi ditado o día 6 de xuño de 2017 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, polo importe de 5.847,35 euros de principal, máis 1.391,41 euros en concepto de xuros de demora, máis 723,87 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza