Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 48/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 48/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª Pilar Míguez Camino, contra a empresa Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores de Galicia (Asaja), Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Propietarios Rurales y Produtores de Caza de Galicia, Asociación Profesional de Selvicutores de Galicia, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, sobre reclamación de cantidade, foron ditados auto e decreto no 6 de xuño de 2017, coa seguinte parte dispositiva:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores de Galicia (Asaja), Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Propietarios Rurales y Produtores de Caza de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, en situación de insolvencia total por importe de 5.847,35 euros en concepto de principal, máis 1.391,41 euros en concepto de xuros de demora, máis 723,87 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Procédase á publicación da insolvencia no DOG, ao non estaren inscritas as asociacións executadas.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e ás executadas por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0048 17. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta “5076 0000 64 0048 17”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores de Galicia (Asaja), Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Propietarios Rurales y Produtores de Caza de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza