Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32123

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (960/2016).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan os autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza nº 175.

En Vigo, o 31 de marzo de 2017.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 960/2016, sobre garda e custodia e alimentos respecto de filla menor de idade, por instancia de Rosana Fernández Estévez, representada pola procuradora dos tribunais Paz Barreras Vázquez e con asistencia letrada de Óscar Aitor Pisón da Silva, contra David Fernández Lago, declarado en situación procesual de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base no seguinte:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais, Sra. Barreras Vázquez, en nome e representación de Rosana Fernández Estévez contra David Fernández Lago, declarado en situación procesual de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, estimo esta e fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúeselle á Sra. Fernández Estévez e a patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Fernández Lago poderá estar e desfrutar da compañía da súa filla cando ambos os proxenitores así o conveñan e, en defecto de acordo, nos termos establecidos no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Terceiro. En concepto de alimentos para a súa filla, o Sr. Fernández Lago aboará a cantidade de 140 euros ao mes, que ingresará na conta corrente que para o efecto designe a nai dentro dos cinco primeiros días de cada mes e que actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, entre os cales se inclúen os médicos non cubertos pola Seguridade Social e que non comprenderán os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar, matrícula escolar nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos.

Para que conste e lle sirva de notificación a David Fernández Lago, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza