Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32121

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 15 de xuño de 2017 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 2 de marzo de 2017 (Diario Oficial Galicia número 50, do 13 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social, mediante Orde do 2 de marzo de 2017 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante Orde desta consellería do 2 de marzo de 2017.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Berrocal Regueira, Juan Carlos.

NRP: 5068393957 A2053.

Grupo: C1.

Corpo/escala: corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: director/a da Residencia de Maiores.

Código: PS.C99.40.801.15350.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de Maiores (Ferrol).

Localidade: Ferrol.